Avelaíña

Folk Fusión

Sobre nós

O grupo nace no ano 2000, traballando nunha serie de temas que darían como resultado a publicación en 2001 do noso primeiro disco: PROXECTO, un CD cun marcado carácter acústico no que xa amosamos o noso interese pola experimentación engadindo as instrumentacións propias do folk unha paleta de timbres percusivos realmente innovadores.

O son de Avelaíña vai evolucionando ata chegares a converterse, co seu segundo disco XAN E SABELA (Falcatruada 2006), nuna mestura de instrumentacións e arranxos na que caben todo tipo de texturas e tendencias. Esta segunda publicación é un proxecto conceptual no que se trata a historia de dous adolescentes separados por unha guerra.

A nosa carreira discográfica continúa en 2008 coa edición de TRADITIUM, un disco onde se amosa a visión particular que temos dunha serie de 10 pezas tradicionais que foron “remodeladas” con los arranxos e instrumentacións acústicas e electrónicas que xa comezamos a empregar no anterior CD.

En 2010 celebramos dez anos na música editando un novo traballo conceptual, CICLO, unha viaxe que percorre o calendario a través de 12 temas, un por cada mes, nos que falamos das distintas paisaxes, actitudes, sentimentos, situacións e costumes que podemos atopar en Galicia.

No 2013 publicamos o noso quinto disco PEPE DO REGO. Novamente apostamos por un CD conceptual baseado no libro do escritor galego D. Alfonso Rey López. É unha historia ambientada na Galicia rural de principios do século XX, un relato de emigración e inxustizas que se mestura cos primeiros pasos no amor do protagonista.

A fusión de estilos é a "marca" que caracteriza á nosa formación. Unha unión de cores ben conducida por Mª Xosé R. Rosales, quen sempre imprime as melodías o seu carácter persoal. Desde unha base rítmica contemporánea, Avelaíña reúne instrumentos tradicionais con arranxos de todo tipo, para chegar a un son novo, distinto e, sobre todo, identificativo.

Imagen de una mariposa que representa Avelaíña

Galería

Miniatura 1 Miniatura 2 Miniatura 3 Miniatura 4 Miniatura 5 Miniatura 6 Miniatura 7

Discografía

Proxecto Xan e Sabela Traditium Ciclo Pepe do rego

Canle de Youtube

Contacto